CartaContactoContorna
www.barafonte.com

Restaurante-Bar A Fonte · © 2026 · Todos os dereitos reservados.

Política de privacidade·Aviso legal·Contacto

Contorna

Que ver e facer pola zona, a un paso do restaurante.

O Mosteiro de Armenteira

O Mosteiro de Armenteira

A poucos pasos de A Fonte está o Mosteiro de Santa María de Armenteira, un dos mosteiros cistercienses máis importantes de Galicia. Aínda que as súas orixes poderían remontarse ao século VI, o mosteiro que hoxe se visita fundouse a finais do século XII. Tras séculos de historia, a vida monástica recuperouse en 1989 coa chegada dunha comunidade de monxas cistercienses, que seguen habitándoo hoxe.

Ruta da Pedra e da Auga

Ruta da Pedra e da Auga

Un dos paseos máis bonitos de Galicia sae literalmente da porta do mosteiro: uns 6,5 km que baixan seguindo o río Armenteira entre bosque, pontes de pedra e máis de trinta antigos muíños de auga, moitos deles restaurados. O tramo entre Ribadumia e Meis, xunto aos muíños de Serén, é o máis coñecido. Existe unha vella tradición de subir a pé dende a contorna ata o mosteiro para asistir á misa do Luns de Pascua, e hoxe en día moitos peregrinos siguen percorrendo este camiño nesa data en lembranza desa costume.

O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago

O Mosteiro de Armenteira é unha parada clave da Variante Espiritual do Camiño Portugués: un desvío dende Pontevedra que combina tramos a pé —entre eles a propia Ruta da Pedra e da Auga— cun treito en barco pola ría ata Padrón, recreando a chegada por mar dos restos do apóstolo Santiago.

Puntos de interese

Puntos de interese

A Armenteira pertence ao Salnés, a comarca da Ría de Arousa: viñedos de Albariño, vilas mariñeiras como Cambados —capital do viño— ou O Grove, e praias e miradoiros a poucos minutos en coche. Un bo sitio para parar a comer antes ou despois de camiñar, veñas de onde veñas.